Querela das mulleres

Christine de Pizan (1364-1430) primeira muller que intervén na "querelle des femmes"

A querela das mulleres, coñecida especialmente pola súa expresión en francés: querelle des femmes é o nome polo que se coñece o debate literario e académico que tivo lugar ao longo de varios séculos abarcando desde finais do século XIV, na Europa medieval, até a revolución francesa no século XVIII, que xorde en defensa da capacidade intelectual, o dereito das mulleres ao acceso á universidade e á política das mulleres fronte á misoxinia. Afírmase que esta capacidade non é unha cuestión de natureza senón social, de posibilidade de acceso ao coñecemento. A querela manifestouse publicamente en faladoiros e xerou numerosos escritos en torno ao valor, a diferenza e as relacións entre ambos os sexos. A primeira muller que intervén neste debate de maneira pública é a escritora italiana residente en Francia Christine de Pizan (1364-1430) que en 1405 escribe A cidade das mulleres.[1]

No século XV as mulleres por primeira vez tomarán a palabra no espazo público, algo que lles estaba prohibido, para facer defensa das súas capacidades. Antes desta época, no debate público sobre se a natureza das mulleres as facía inferiores ou non aos homes, só era un debate masculino.

Herdeira da querelle de femmes, durante a segunda metade do século XIX en Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Rusia utilizouse o termo The woman question (a cuestión das mulleres) en relación co cambio social na segunda metade do século XIX que cuestionaba o papel das mulleres. Os temas do sufraxio feminino, os dereitos reprodutivos, a autonomía corporal, os dereitos de propiedade, os dereitos legais, os dereitos médicos e o matrimonio dominaron as discusións culturais nos xornais e círculos intelectuais.

  1. "La Aventura del Saber. TVE. Ana Vargas. 'La querella de las mujeres', La aventura del Saber - RTVE.es A la Carta". Consultado o 24 de decembro de 2016. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search